Operacións múltiplas

Aplica a mesma fórmula a celas diferentes, mais com valores de parámetros diferentes.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Datos - Operacións múltiplas.

From the tabbed interface:

No menú Datos da lapela Datos escolla Opercións múltiplas.


Aplicar operacións múltiplas

Icona Nota

As caixas Fila ou Columna deben conter unha referencia á primeira cela do intervalo seleccionado.


Icona Nota

Se exporta unha folla de cálculo con varias operacións para o Excel da Microsoft, a posición das celas que conteñan a fórmula deben estar totalmente definidas en relación ao intervalo de datos.


Predefinicións

Fórmulas

Introduza as referencias de cela das celas que conteñan as fórmulas que pretende utilizar na operación múltipla.

Fila

Introduza a referencia da cela de entrada que pretende utilizar como variábel para as filas na táboa de datos.

Columna

Introduza a referencia da cela de entrada que pretende utilizar como variábel para as columnas na táboa de datos.

Encoller / Expandir

Prema na icona Encoller para reducir o diálogo ao tamaño do campo de entrada. Así é máis doado marcar a referencia requirida na folla. As iconas convértense automaticamente na icona Expandir. Prémaa para restaurar a caixa de diálogo para o seu tamaño orixinal.

A caixa de diálogo minimízase automaticamente cando se preme co rato nunha folla. Así que se solta o botón, a caixa de diálogo restáurase e o intervalo de referencia definido mediante o rato é realzado no documento a través dun marco azul.

Icona Recoller

Encoller

Icona Expandir

Expandir

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!